Meniños Cantores

Meniños Cantores é un traballo pioneiro realizado con colexios de Galicia e do Norte de Portugal. A iniciativa surdiu da colaboración entre a organización educativa Ponte…nas ondas! e Casa de Tolos. A presentación por parte das escolas integrantes do colectivo Ponte…nas ondas! da canditatura ó Patrimonio Oral e inmaterial Galego-Portugués ante a UNESCO, foi a chispa que prendeu esta iniciativa. O traballo consiste nunha exploración do patrimonio musical común a Galicia e Portugal, así como unha pequena ollada a un futuro posible.

Para poder realizalo contamos con profesores de música e alumnos de dezasete centros. O resultado final é o seguinte:

Un CD que inclúe:

Un DVD que inclúe:

  • Un documental sobre o proceso de realización do proxecto narrado en catro idiomas (galego, portugués, castelán e inglés).
  • Un documental sobre os costumes e a tradición oral comúns a ambos lados da fronteira, narrado en catro idiomas como o anterior.
  • Un videoclip por cada centro.
  • Trinta e dous karaokes.

Un libro que inclúe:

Todo isto é o resultado dun traballo que vimos realizando PAI-MúsicaCasa de Tolos e Ponte…nas ondas! dende principios do ano 2005. A primeira fase, unha vez decididos os colexios participantes, foi a gravación dos temas que prepararan os alumnos. Unha vez feito isto, contamos coa participacións de músicos de ambos lados da fronteira para lle dar o toque final ás cancións.

Como broche final decidimos gravar un videoclip coa participación de tódolos rapaces que estiveran involucrados no proxecto. “Máis perto”, con letra de Uxía Senlle, foi o tema elixido. O lugar no que se levou a cabo foi a antiga Ponte Internacional Tui-Valença. Alí tuvo lugar a apoteóse dos Meniños Cantores, o punto de confluencia de todos os nosos esforzos.

Este proxecto constituirá un referente mundial do traballo con nenos e sobre o patrimonio oral e inmaterial. Son os nenos os que; mediante a súa interpretación da tradición, crean un patrimonio para o futuro.