Meniños Cantores 2

Xa está aquí Meniños Cantores 2

Dispoñible o 10 de decembro

MENIÑOS CANTORES 2 – Cantamos nos!
Mapa participantes Meniños Cantores 2
QUE É ?

Meniños Cantores 2 é un proxecto de Ponte…nas ondas! coeditado co Consello da Cultura Galega, producido por Casa de Tolos e publicado por PAI Edicións S.L. Conta co aporte financiero do Xacobeo 2020-21 e a TVG.

Trátase dunha nova proposta realizada a partir da primeira edición de Meniños Cantores editada en 2005. Naquel entón foron 17 centros educativos localizados entre Vigo e Porto quen recrearon temas do patrimonio musical galego-portugués. Un tema común composto por Uxía Senlle e Segundo Grandío foi gravado nun videoclip na ponte entre Tui e Valença por máis de 500 xoves das dúas beiras. O traballo realizado foi presentado como un exemplo do compromiso das escolas co patrimonio inmaterial galego-portugués que fora presentado na UNESCO por Ponte…nas ondas! co aval de Portugal e España.

Meniños Cantores 2 é un proxecto realizado por 17 centros educativos ao longo da fronteira galego-portuguesa, desde Chaves a Caminha e desde Verín a A Guarda.

Un proxecto que conta con: 18 temas musicais, un documental e un libro.

O PROXECTO MUSICAL

Cada centro educativo preparou unha versión do repertorio da música popular galego-portuguesa, interpretouno co alumnado e contou coa colaboración dun artista ou grupo de música co que gravaron o tema.

Os participantes presentan unha grande diversidadade: desde alumnado de educación infantil, ensino primario, ensino secundario, educación especial, grupos corais, bandas de música, etc.

Os padriños e madriñas musicais foron elixidos polos participantes e propostos por Ponte…nas ondas! O obxectivo foi que os artistas e músicos profesionais apoiasen o traballo do alumnado co tema musical e puidesen gravar xuntos.

Nesta ocasión foron os artistas colaboradores os encargados de gravar o tema común Máis perto, unha nova versión do gravado en 2005 na ponte de Tui-Valença.

O DOCUMENTAL

Meniños gravando

Paralelamente á gravación do disco, completouse todo o proceso para realizar un documental que recolle declaracións do profesorado implicado, opinións do alumnado, testemuñas de persoas portadoras, imaxes dos lugares de gravación e videoclips protagonizados polo alumnado e os artistas colaboradores.

Ademais, realizouse un traballo de selección de vocabulario específico de ambos lados da fronteira co que se configurou un glosario.

O LIBRO

Inclúe textos da escritora galega Rosa Aneiros, do escritor portugués Marco Neves e dos profesores Helena Pousa e Santiago Veloso, presidente de Ponte…nas ondas!
Preséntase unha breve descrición de cada centro educativo e unha referencia ao patrimonio cultural do concello, onde se recollen expresións e vocabulario característico de cada municipio. Co léxico recollido elaborouse un GLOSARIO.

Hai imaxes de todo o proceso de gravación e ilustracións do debuxante Andrés Meixide.

Libro Meniños Cantores 2

Padriños e madriñas

Artistas Meniños Cantores 2
  • Pancho Álvarez – Tui
  • A Roda – As Neves
  • Lucía Pérez – O Rosal
  • Zaraida de Maskarpone – Verín
  • António Zambujo – Montalegre
  • Augusto Canário – Valença e Viana do Castelo
  • Sons do Minho – Monção
  • Daniel Pereira – Melgaço
  • Vozes da Radio – Chaves
  • Cuarteto Caramuxo – Salvaterra
  • Andrea Pousa – Tomiño
  • Jaime Álvarez – Caminha
  • Luis Caruncho – A Guarda
  • Castriño de Rebordechán – Crecente
  • Uxía – Salceda de Caselas
  • Cándido Miranda – Vilanova da Cerveira

Librarías e puntos de venda

Xa podes facer o teu pedido online a un prezo de 22€ incluíndo IVE e portes.

As librerías poden facer o seu pedido directamente dende aquí.

Descargables para medios

Descarga fotos
Descarga fotos
Descarga vídeos
Descarga música
Descarga música
logos colaboradores Meniños Cantores 2