“O Sancristán de Coimbra”

O sancristán de Coimbra
facía mil diabluras,
mollaba o pan en aceite
deixaba os santos a escuras.

E vate fado, e vate ben
ti ere-la causa do meu desdén.

O mar tamén ten amores
o mar tamén ten mulleres,
está casado coa area,
dálle bicos cantos quere.

E vate fado...

Eu quixera ser merliño
e ter o pico encarnado
para facer o meu niño
no teu cabelo dourado.

E vate fado..