Teño unha casiña branca
na mariña entre os loureiros
teño amores teño barcas
i estou vivindo no ceo.
Ailalelo Ailalalo
Ailalelo Ailalalo
Sempre m´andas preghuntando
de que romaría veño
veño de Santa Lilaina
de Santa Lilaina veño.
Heiche de tocalas cunchas
miña carrapucheiriña
heiche de tocalas cunhas
naquela carballeiriña.
O cura ten un paxaro
non sei que paxaro é
ala pola media noite
ponse o páxaro de pé.
Non me toques na barrigha
que me doe que m´atormenta
un pouquiño mais abaixo
na caixa da ferramenta.