E ti telo, telo

 

Ó pasar o regueiriño
díxenche que si, que si,
o regueiro vai pasando,
quédome rindo de ti.

E ti telo telo o pandeiro na man,
e ti telo telo, non mo queres dar,
non mo queres dar, non mo queres dar,
e ti telo, telo o pandeiro na man.

Sei cantar e sei bailar-e,
sei tocar o violín,
tamén sei virar as nenas
coa cara para min.

E ti telo, telo...

Dálle o pandeiro a Teresa
que volo sabe tocar,
sábelle dar a voltiña
e sábeo repinicar.

Maruxiña, Maruxiña,
Maruxiña meu amor,
merqueiche unha pandeireta,
heiche mercar un tambor.

E ti telo, telo...

Tes un corpiño gaiteiro,
e un andar de acordeón,
non sexas mala neniña,
deixa que baile ese son.

-Onde tocaches gaiteiro?
-Eu toquei de mar a mar.
-Andaches moito gaiteiro,
pouco puideches tocar.

Aí van Os Morenos, deixádeos pasar,
van tocar a gaita para nós bailar,
para nós bailar, para nós bailar,
aí van Os Morenos deixádeos pasar.