Eu son de Donas.
Eu de Mañufe.
Nós de Borreiros.
E eu de San Cibrán.
E todos xuntos imos tentar,
Que o Farricoque volte ó seu lugar.
Se o queres coñecer...
No noso entroido vai aparecer.
Filloas e orellas ímoslle dar
E polas rúas el vainos choutar.
FARRICOQUE ONDES ESTÁS
FARRICOQUE VOLTA XA.
QUÉRESNOS ENFARRUXAR.
MÁIS NÓS NON TE IMOS DEIXAR (bis)
Cunha tea,
ímola montar.
Controla o pulso
e ponte a cortar.
Fai dous buratos para poder ollar
E outro para a boca e así zamparás.
Nun pao longo cunchas pendurar.
Unha vasoira e á xente asustar.
Pecha a túa porta porque pode entrar...
E sen cocido... ti quedarás.
FARRICOQUE ONDE ESTÁS
FARRICOQUE VOLTA XA.
QUÉRESNOS ENFARRUXAR
MÁIS NÓS NON TE IMOS DEIXAR (bis)