“DEBERES... PARA ELES"

Non me quero levantar.
Ás nove da mañá... ter que “fichar”
Na escola sempre hai que traballar.
E ós profes ter que “aturar”.
Ás veces no recreo...
a cousa é fácil de levar.
Máis vale que non nos chova
pois senón na clase hai que pringar.


DEBERES PARA PAPÁ.
DEBERES PARA MAMÁ.
NON LLES VEN NADA MAL,
UN POUQUIÑO RECORDAR.


Colección de “NMs”.
As vacacións... que non chegan.
Os obradoiros aínda “se levan”.
Vida difícil para nós.
Sen “Mates” e sen “Lingua”
e o “Inglis” for “WHAT”
Moitas horas de traballo
e pouco tempo para gozar.


DEBERES PARA PAPÁ
DEBERES PARA MAMÁ
NON LLES VEN NADA MAL
UN POUQUIÑO RECORDAR. (bis)